ASEMAS encarga a ECC unha revisión independente do Xerador de Prezos da Construción con obxeto de reducir a sinestralidade incrementando a calidade dos proxectos.
ASEMAS, MUTUA DE SEGUROS E REASEGUROS A Prima FIXA está especializada na produción de Seguros de Responsabilidade Civil Profesional de Arquitectos. Produce tamén outros seguros non específicos para arquitectos e, tras a aprobación da lei 38/1999, de 5 de novembro, de Ordenación da Edificación (BOE 6/11/99), comezou a distribuír unha nova Póliza de Seguro Decenal de Danos á Edificación adaptada á L.O.E., dirixida a arquitectos e sociedades de arquitectura. A 31 de decembro de 2003 contaba con 30.131 mutualistas que subscribiron 38.541 pólizas de seguro.
Conscientes de que a mellor solución a un sinistro é a súa prevención e de que as súas mutualistas realizan a maior parte dos seus proxectos utilizando ferramentas informáticas, ASEMAS apoia decididamente a introdución tanto de programas como de bases de datos que non só faciliten o traballo, senón que intenten mellorar a calidade dos proxectos, reducindo así a sinestralidade.
Considerando que o Xerador de Prezos da Construción de CYPE Enxeñeiros supón un importante paso adiante respecto doutros bancos de prezos no nivel de especificación das partidas, eliminando indefinicións que deixan ó arbitrio da empresa construtora a forma de realizar as unidades de obra e, en palabras do seu Presidente, "para evitar que o Xerador de Prezos se convirta nun Xerador de Patoloxías", ASEMAS asumiu, dentro dun acordo de colaboración técnica, o reto de realizar unha revisión independente da maioría das partidas incluídas no Xerador de Prezos, así como das Instrucións para o Manual de Uso e Mantemento do Edificio que o acompañan, xa que, con demasiada frecuencia, a patoloxía prodúcese non por unha deficiencia de proxecto ou de construción, senón por un mantemento inadecuado e ata inexistente.
Para a realización da revisión independente, ASEMAS realizou un estudo sobre as causas máis frecuentes de patoloxías na construción, baseándose nos seus arquivos de reclamacións, identificando desta forma as unidades de obra nas que era máis importante incidir. Unha vez identificadas estas, encargou a ECC, Entidade para a Calidade da Construción, a realización dun estudo pormenorizado de como reducir a sinistralidade para cada unha delas.
Sen dúbida, grazas á apreciable colaboración de ASEMAS, o Xerador de Prezos da Construción de CYPE Enxeñeiros mellorou notablemente,permitindo a realización de proxectos con maior calidade e, xa que logo, máis seguros. En calquera caso, gustaríanos puntualizar que, aínda que ASEMAS se centrou en que os sistemas construtivos incluídos no Xerador de Prezos sexan seguros, non son os únicos sistemas que permiten construír con seguridade. Existen outros moitos sistemas sancionados pola práctica que o Xerador de Prezos non contempla e que son tan seguros como os incluídos nel. Confiamos en que a continuidade da colaboración con ASEMAS nos permita incluílos en sucesivas versións.
Teña en conta que, dada a complexidade que entraña a aplicación informática Xerador de Prezos, e as infinitas combinacións de prezos que da mesma poden obterse, o contido da Revisión Independente realizada polos diferentes organismos e institucións foi necesariamente parcial. Ademais, esta revisión realizouse sobre determinadas versións do programa e sempre estivo suxeita á interpretación por CYPE Ingenieros da documentación entregada, implementándose na súa totalidade por CYPE Ingenieros. Polo tanto, en ningún caso poden estes organismos garantir a correcta interpretación nin implementación das súas indicacións, sendo toda a responsabilidade sobre o programa final exclusivamente de CYPE Ingenieros. Sen dúbida, a realización de cada Revisión Independente aumentou considerabelmente a calidade da partida revisada, pero non pode garantir a súa perfecta adecuación a cada obra concreta.
Como usuario, debe ter en conta que está manexando unha ferramenta informática da que fabricante, dado o actual estado dos coñecementos informáticos, non pode garantir que estea libre de erros. A responsabilidade civil derivada do uso desta ferramenta é exclusivamente do seu usuario, debéndose comprobar que os resultados obtidos para unha aplicación concreta son válidos. Recomendámoslle, en caso de dúbida, que consulte a cláusula de "Responsabilidades" do Contrato de Licenza que vostede afirmou ter lido, comprendido e aceptado ó instalar esta aplicación.